Morre un home ao quedar atrapado baixo un tractor nunha leira en Vilagarcía

Efectivos do servizo de urxencias liberaron o corpo do falecido, pero xa non puideron facer nada por salvar a súa vida

 

Lugar del accidente en Vilagarcía. DP
photo_camera Lugar del accidente en Vilagarcía. DP

Un home faleceu na tarde deste venres esmagado polo tractor que manexaba en Vilagarcía. Ocorreu pouco antes das 18.30 horas no número 8 do lugar de Outeiro, na parroquia arousá de Cornazo, segundo alertou o centro de atención ás urxencias 112 Galicia. A vítima quedou atrapada baixo a máquina agrícola coa que se atopaba traballando nunha leira.

Foi un particular o que deu a voz de alarma achega do suceso. Desde o 112 informaron os bombeiros do Salnés, á Garda Civil  e Protección Civil. Unha vez no lugar, os efectivos de urxencias liberaron o corpo do home, pero o persoal do 061-Urxencias Sanitarias xa non puido facer nada por salvar a súa vida.