Morre un motorista de 41 anos ao sufrir unha caída na Coruña

Os efectivos sanitarios desprazados ao momento non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no acto

Un home de 41 anos faleceu ao sufrir unha caída coa súa moto fronte ao cuartel da Policía Nacional da cidade da Coruña, segundo informaron os servizos de urxencia. 

O accidente tivo lugar minutos antes das 17.00 horas deste venres. Segundo o relato de Urxencias Sanitarias 061, o motorista foise ao chan e acabou impactando coa mediana. 

Alertados por varios particulares que chamaron á central do CIAE 112 Galicia, Urxencias Sanitarias 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada. 

Con todo, os efectivos sanitarios desprazados ao momento non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no acto.

Comentarios