Morre un motorista ao chocar cun camión en Vilar de Santos

O falecido formaba parte dun grupo de 20 moteiros portugueses que se dirixían a Santiago

Un motorista que circulaba na localidade ourensá de Vilar de Santos en dirección a Santiago de Compostela, Paulo Manuel J. D, de 37 anos e veciño de Campinas-Chaves, morreu tras chocar contra un camión por causas que están a ser investigadas.

Segundo informaron fontes oficiais, o grupo duns vinte moteiros portugueses, entre os cales se atopaba o falecido, dirixíase a Santiago de Compostela cando, "por causas que están a ser investigadas", un camión impactou contra el, nunha curva "de reducida visibilidade".

Ata o lugar, desprazáronse tres patrullas da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061, un retén de Bombeiros de Xinzo de Limia e o helicóptero con base en Ourense. O condutor do camión resultou ileso.