Morre unha muller en Mazaricos tras ser atropelada por un vehículo

O suceso ocorreu no lugar das Maroñas

Unha muller perdeu a vida este sábado tras ser atropelada por un vehículo no lugar das Maroñas, no municipio coruñés de Mazaricos, informou a central que coordina a atención ás urxencias en Galicia.

Segundo a información facilitada ao 112, o sinistro mortal produciuse pouco antes das sete da tarde cando a vítima foi alcanzada por un turismo.

Ao lugar dos feitos acudiron os profesionais sanitarios do 061, que nada puideron facer por salvar a vida da vítima.

Para colaborar co equipo médico, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Santa Corda e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.