Morre un peón ao ser atropelado por un vehículo en San Cibrao das Viñas

A vítima, duns 30 anos, era natural de León

Un home de 30 anos faleceu na noite deste luns ao ser atropelado por un vehículo na estrada OU-540, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, en Ourense, segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

As fontes indicaron que a vítima, J.S.G., era natural de León e non levaba ningunha peza reflectora cando foi arroiado polo vehículo.

O accidente produciuse sobre as nove e media da noite, á altura do quilómetro 10,200 da estrada comarcal que comunica a provincia ourensá con Portugal.