Morre un veciño da Pontenova ao caer co seu coche por un terraplén na Lu-p-4802

O corpo de falecido foi localizado no interior do vehículo no quilómetro 19 da vía, en Ribeira de Piquín

Accidente mortal en A Pontenova. EP
photo_camera Accidente mortal na Pontenova. EP

Un veciño da Pontenova perdeu a vida este xoves ao caer co seu coche por un terraplén na Lu-p-4802, en Ribeira de Piquín. O seu corpo foi localizado no interior do vehículo, segundo informa o centro de atención ás urxencias 112 Galicia, antes das 11.30 horas da mañá no quilómetro 19 da vía.

A vítima é A.G.F., de 53 anos. Ao parecer, saíuse da vía co seu turismo, precipitouse polo desnivel e chocou contra unha árbore. Varios veciños das inmediacións indicaran aos servizos desprazados ao lugar que levaban sen ter noticias del un par de días. 

Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, os bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de tráfico e protección civil de Ribeira de Piquín. As forzas de seguridade están a investigar as circunstancias do suceso. 

Comentarios