Dous mortos en Noia ao chocar co seu coche contra unha vivenda

O suceso ocorreu sobre as 5,15 horas deste domingo na parroquia de Santa Mariña do Obre 

El coche siniestrado en Noia y en el que perdieron la vida dos jóvenes
photo_camera O coche sinistrado en Noia. TVG

Un mozo de 21 anos e unha muer de 41 faleceron este domingo en Noia, tras sufrir unha saída de vía no vehículo no que viaxaban, que acabou encaixado contra unha vivenda, informou o servizo de urxencias 112 Galicia. 

Segundo a información solicitada polo servizo de urxencias, o suceso ocorreu sobre as 5,15 horas deste domingo á altura do quilómetro 74 da AC-550, na parroquia de Santa Mariña do Obre da citada localidade coruñesa.

Tras saírse da vía e encaixarse contra unha vivenda, ambos quedaron atrapados en estado inconsciente no interior do vehículo, que estaba "en moi mal estado", segundo relata o 112. 

Ao lugar acudiron unidades do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Ribeira e de Boiro, así como integrantes do GES de Brión, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Noia. 

Tras os labores de excarceración as vítimas foron atendidas polos servizos sanitarios de urxencia que realizaron, sen éxito, manobras de reanimación.