Unha muller rescata da auga a un neno que sufría un ataque epiléptico na praia fluvial de Pontevedra

O pequeno foi atendido polos servizos de urxencia

Un grupo de niños disfrutan de la playa fluvial del Lérez. ALBA SOTELO
photo_camera Un grupo de nenos gozan da praia fluvial do río Lérez. ALBA SOTELO

A praia fluvial de Pontevedra rexistrou na tarde deste martes un suceso que afortunadamente se saldou con final feliz. Unha muller tirouse ao río para rescatar a un pequeno que sufría un ataque epiléptico na auga.

Alertada polos berros doutro menor duns oito anos de idade que se atopaba bañándose xunto á vítima nunha esquina da praia, C.G., veciña de Monte Porreiro, non dubidou en lanzarse á auga para axudarlles "porque o outro neno non podía con el". "Eu xa me marchaba da praia cando empecei a ouvir berros, e vin a un neno que pedía axuda. Ao achegarme á beira puiden ver que intentaba sacar a outra neno da auga e que non era capaz, así que me tirei a axudarlle. Ao máis pequeniño estaba a darlle un ataque epiléptico. Cando o saquei á beira tiña espuma na"boca , relatou a muller que se tirou á auga a este xornal.

SOCORRISTAS. No momento do suceso, numerosas persoas achegáronse ata a beira para atender ao neno. Tamén se atopaban no lugar dous socorristas que vixían habitualmente a zona, "aínda que non se decataron do suceso ata que o neno estaba fóra", advertiu esta veciña de Pontevedra, que manifestou o seu malestar "xa que foron os últimos en chegar e cando reprochei ao socorrista que non estaba atento ao que ocorría na auga díxome que aos nenos tiñan que vixialos os seus pais", engadiu C.G.

De inmediato, os servizos de urxencia desprazáronse ata a praia fluvial de Pontevedra, onde foi atendido o pequeno, que non era a primeira vez que sufría un ataque epiléptico na praia.