sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

Unha nena sofre lesións graves mentres xogaba cunha randeeira en Sada

Una área de juegos infantiles
Imaxe de arquivo dun parque.
Tiveron que intervir os bombeiros debido á difícil situación na que quedou a menor cun dedo seccionado e atrapado no mecanismo de movemento do aparello
 

Unha menor sufriu lesións graves este sábado cando xogaba cun aparello no parque infantil da localidade coruñesa de Sada, segundo informa o 112. 


Ocorreu ás 13,30 horas nun recinto de xogos situado fronte á Casa Consistorial do municipio, tal e como indicou a persona que chamou ao 112 para pedir axuda urxente. 


Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o persoal do 112 solicitou a intervención dos Bombeiros de Sada debido á difícil situación na que quedou a nena cun dedo seccionado e atrapado no mecanismo de movemento do aparello. 


Neste operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local, que, á súa chegada ao lugar do accidente, expuxeron as necesidades para asistir á menor. 

Unha nena sofre lesións graves mentres xogaba cunha randeeira en Sada