A neve, o vento, as choivas e as ondas sitúan Galicia en alerta este martes

A cota de neve comezará nos 1.300 metros e quedará nos 900-1000 metros na segunda metade do día
Una mujer con paraguas. ADRA PALLÓN
photo_camera Unha muller con paraugas. ADRA PALLÓN

A chegada dun tren de borrascas atlánticas á península deixará choivas, intensos ventos, ata 90 quilómetros por hora, e incluso nevaradas a partir de 1.000-1.200 metros ao longo desta semana. Este martes, un total de 40 provincias españolas estarán en alerta por nevadas, vento, precipitacións ou fenómenos costeiros, entre elas as catro galegas, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

A de Lugo, en concreto, estará en aviso amarelo por neve con acumulación de 5 centímetros por encima de 1.200 metros en 24 horas a partir das seis da mañá e durante todo o día, especialmente na comarca da Montaña. Asímismo, prevense refachos de vento de ata 80 quilómetros por hora durante a madrugada na Mariña, que estará en alerta amarela ata as seis da mañá.

Os fortes ventos e os fenómenos costeiros afectan tamén ás provincias de A Coruña e Pontevedra, que ademais estarán en risco por precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrados en doce horas.

En xeral, Meteogalicia vaticina unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto de Galicia, que ocasionalmente poderán estar acompañados de saraiba e treboadas. A cota de neve comezará nos 1.300 metros e quedará nos 900-1.000 metros na segunda metade do día. 

Meteogalicia<>

Este martes espérase que unha nova fronte percorra a Península e Baleares de oeste a este, deixando ceos nubrados ou cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis abundantes e acompañadas de tormenta en toda a vertente atlántica, podendo ser localmente fortes ou persistentes en Galicia. En xeral, esta segunda semana de febreiro estará marcada polo paso borrascas que deixarán choivas e ventos intensos —de ata 90 quilómetros por hora—, á vez que a neve afectará a zonas de montaña a partir de 1.000 ou 1.200 metros.

TEMPERATURAS. Nas grandes urbes galegas, espérase que os termómetros alcancen os 13 graos en Pontevedra, Vigo ou A Coruña, mentres que en Lugo non se superarán os 10 graos. En canto aos valores mínimos, os máis baixos rexistraraos a capital lucense (6 graos), seguida da Boa Vila, Compostela ou Ourense, que rexistrarán 8º de mínima.

Comentarios