Un neno pícase cunha xiringa infectada nun parque de Santiago de Compostela

Ata dentro de dous meses non se poderá saber se o menor está infectado de hepatite C

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP
photo_camera Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP

Unha tarde tranquila de xogos nun parque do barrio compostelán da Choupana terminou sendo un pesadelo para uns pais e o seu fillo.

O pequeno picouse cunha xiringa mentres xogaba cunha pelota, segundo informa a TVG. Inmediatamente foi trasladado ao Chus, onde comunicaron aos pais que o instrumento estaba infectado con hepatite C

Agora, a familia vive cunha gran preocupación, xa que ata dentro duns meses non saberán se o neno está infectado. 

O Concello de Santiago terá este luns unha reunión co servizo de limpeza.

Comentarios