O TSXG aproba a derriba parcial do edificio Conde Fenosa para legalizalo

A idea do Concello da Coruña é eliminar as plantas que se construíron de xeito irregular para posteriormente proceder á súa legalización e evitar molestias aos que residen nos pisos orixinais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou a derriba parcial do edificio Conde de Fenosa da Coruña para legalizalo.

O Concello da Coruña informou este martes da recepción dun auto con data do pasado día 10 de febreiro no que o TSXG dá o visto e prace "a estratexia procesual" do Executivo da cidade, que pretende "evitar a demolición do inmoble".

A idea do Consistorio é eliminar as plantas que se construíron de xeito irregular para posteriormente legalizar o edificio e evitar molestias aos que residen nos pisos orixinais.

O auto desestima o recurso da parte demandante e dá luz verde ao proxecto de legalización do edificio, que inclúe a supresión de certos elementos arquitectónicos, aínda que o demandante pretendía que todo o edificio volvese ao seu estado orixinal.

Comentarios