Os VTC galegos deberán levar distintivo identificativo desde este mércores

O obxectivo é velar por unha competencia leal co sector do taxi

Protesta dos taxistas contra o VTC. ARQUIVO
photo_camera Protesta dos taxistas contra o VTC. ARQUIVO

Os vehículos de aluguer con condutor (VTC) autorizados en Galicia deberán identificarse cun distintivo obrigatorio a partir deste mércores, co obxectivo de velar por unha competencia leal co sector do taxi, sinala a Xunta nun comunicado.

Esta medida, que entra en vigor este mércores e inscríbese na lei de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, pretende dar seguridade xurídica aos sectores do taxi e dos vehículos VTC, diferenciando ambas as categorías.

A regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos.

Os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira.

A numeración e ano que figuran no distintivo da dianteira fai referencia ao mes e ao exercicio nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir, en ningún caso, na visibilidade do condutor.

Estas identificacións emítense xunto co otorgamiento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos, ou visado periódico, logo do pago da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios na da sede electrónica da Xunta ou da aplicación SitranGestión.

Comentarios