Inhala fume por mor dun incendio nunha vivenda da Coruña

Ocorreu no número 96 da Avenida de Hércules, ao fío das 11.35 horas

Unha persoa tivo que ser trasladada a un centro médico ao inhalar fume nun incendio declarado nun piso na Coruña.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou unha habitación por completo e o fume afectou por completo ao resto da vivenda.

Ocorreu no número 96 da Avenida de Hércules, ao fío das 11.35 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dos feitos.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros da Coruña, á Policía Local, a Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias. 

Comentarios