Oubiña publica unha autobiografía sobre a súa etapa de contrabando e narcotráfico

'Toda la verdad' presentarase o vindeiro venres en Madrid e o 29 de xuño en Baión

Laureano Oubiña. AEP
photo_camera Laureano Oubiña. AEP

O exnarcotraficante Laureano Oubiña presentará un libro autobiográfico titulado Toda la verdad no que narra as súas memorias como contrabandista de tabaco e a súa detención no marco da operación Nécora de tráfico de drogas, segundo informou o seu avogado, Manuel Álvarez de Mon. 

Oubiña prevé presentar o libro o vindeiro venres en Madrid e posteriormente o 29 de xuño o Pazo da localidade pontevedresa de Baión, onde foi arrestado en 1995 polas autoridades acusado de narcotráfico, convertida actualmente nunha adega dunha recoñecida marca de viño.

En liberdade condicional tras cumprir vinte anos de prisión por narcotráfico e branqueo de capitais, o antigo contrabandista e narcotraficante participou nun programa de rehablitación e reinserción social na Fundación San Francisco de Agarrades.

Comentarios