O paro baixa en 11.500 persoas en Galicia en plena época estival

A taxa de paro sitúase no 13,99% e créanse 25.700 empregos na comunidade. O sector primario descende e aumentan construción e servizos

Oficina de empleo en Galicia. EP
photo_camera Oficina de emprego en Galicia. EP

O paro baixou en 11.500 persoas no segundo trimestre do ano en Galicia, o que supón un 6,17% menos que no trimestre anterior, ata situarse o total de desempregados en 175.000, segundo publica este xoves o Instituto Nacional de Estadística (INE). 

Con respecto aos datos desglosados por provincias, Pontevedra acaparou o groso da diminución, con 9.000 desempregados menos, ata 71.500 e unha taxa do 16,38%. Lugo anotou un descenso de 100 persoas, ata 14.400 e unha taxa de desemprego do 9,58%.

Pola súa banda,  A Coruña reduciu en 1.300 o número de parados con respecto ao trimestre anterior, ata 71.700 persoas e unha taxa do 13,44% e a Ourense correspóndelle un recorte dun milleiro de parados, ata 17.500 e o 13,36%. 

Entre abril e xuño deste ano creáronse 25.700 empregos na comunidade galega, un 2,45% máis respecto ao trimestre anterior, de modo que o total alcanzou os 1.075.800 ocupados. 

En comparación interanual, o descenso do paro foi do 13,15% (fronte a 201.500 desempregados no segundo trimestre de 2017) e o incremento da ocupación, do 2,56% (desde os 1.048.900 empregados do mesmo período do ano pasado). 

Deste xeito, a taxa de paro en Galicia sitúase no 13,99% e baixa en 1,09 puntos respecto da do trimestre anterior (15,08%) e 2,12 puntos en comparación coa dun ano atrás (16,11%). 

Entre abril e xuño deste ano creáronse 25.700 empregos na comunidade galega, un 2,45% máis respecto ao trimestre anterior, de modo que o total alcanzou os 1.075.800 ocupados. 

Pola súa banda, a taxa galega de actividade, no 53,6%, é 0,63 puntos maior que a do primeiro trimestre do exercicio e 0,26 puntos superior á de fai 12 meses.

En canto á distribución por sexos, na comunidade galega hai 82.300 parados que son homes (a taxa ascende ao 12,82%) e 92.800, mulleres (15,23%). Os ocupados repártense entre 559.200 homes (taxa do 57,47% de actividade) e 516.600 mulleres (50,05%).

MENOS SECTOR PRIMARIO, MÁS CONSTRUCCIÓN E SERVIZOS. Atendendo aos sectores de actividade económica, a cifra de ocupados neste trimestre diminuíu en agricultura, en pesca e na industria, mentres repuntou tanto na construción como nos servizos. 

No sector primario, a ocupación diminuíu en 5.500 persoas respecto ao primeiro trimestre; na industria, en 400 persoas. Pola contra, a construción rexistrou un incremento de 3.000 persoas e os servizos, 28.000 traballadores máis. 

SOBE UNHA DÉCIMA A TAXA DE TEMPORALIDADE, ATA O 26,8%. En Galicia hai 865.300 acodes asalariadas no segundo trimestre de 2018, 633.000 con contrato indefinido e os 232.300 restantes con temporal. 

Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 23.300 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un incremento de 3,8 puntos en termos relativos. 

Así as cousas, a taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados, repuntou unha décima neste trimestre, ata o 26,8%.

No segundo trimestre de 2018 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.333.500 persoas, das cales 1.250.800 clasifícanse como activas, que é o que sitúa a taxa de actividade no 53,6%.

DATOS DO CONXUNTO ESTATAL 
O paro baixa un 8% no segundo trimestre, o que supón un total de 306.000 persoas,  e créanse 469.900 empregos, marca da serie histórica.

Os servizos tiran da ocupación nun trimestre onde o sector privado case monopolizou a creación de emprego.

O total de desempregados sitúase en 3.490.100 persoas, o seu menor nivel desde o cuarto trimestre de 2008.

Comentarios