A peaxe da AP-9 encarécese un 3,51% este un de xaneiro

Ese aumento de carácter "excepcional" xustifícase "para financiar custos relacionados con excesos de valoración de expropiacións, execución de obras ou financiamento de bonificacións de peaxe"
 

Cabinas nunha peaxe da AP-9. DAVID FREIRE
photo_camera Cabinas nunha peaxe da AP-9. DAVID FREIRE

O prezo das peaxes da autoestrada AP-9, a de maior capacidade de Galicia, aumentará 3,51 % a partir deste un de xaneiro, segundo anunciou este luns o Ministerio de Fomento.

Nun comunicado, Fomento anuncia ese aumento de carácter "excepcional", xunto cos da AP-7 Alacante-Cartaxena e a AP-46, Málaga-Alto da Pedrizas, cuxos peaxes se incrementarán 2,69 %, xustifícase "para financiar custos relacionados con excesos de valoración de expropiacións, execución de obras ou financiamento de bonificacións de peaxe".

Nas demais autoestrada dependentes do Estado aplicarase un incremento de tarifas de peaxe de 1,67%, aínda que "pola evolución dos tráficos respecto dos previstos", a variación oscilará entre 1,71% para a AP-66 Campomanes-León e o 1,65% na AP-7 no tramo Estepona-Guadiaro.