Dous cans atacaron unha muller e acabaron coa vida da súa mascota en Rianxo. Os animais estaban soltos e non levaban boceira.
Os feitos sucederon na tarde deste martes. A muller paseaba a súa mascota con correa cando apareceron dous cans soltos, que atacaron o primeiro ata causarlle a morte. A propietaria do animal resultou ferida ao tratar de defender o seu can.
Os dous cans, que contan con microchip, foron localizados posteriormente pola Policía Local de Rianxo preto do domicilio da súa propietaria, que foi denunciada por infrinxir a normativa sobre animais de compañía.