Catro persoas feridas nunha colisión múltiple en Redondela

O accidente ocorreu no punto quilométrico 137 da N-550, ao fío das 14:00 horas

Unha colisión por alcance entre tres turismos en Redondela saldouse esta tarde con catro persoas feridas de carácter leve. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tres das persoas accidentadas foron trasladadas ao hospital Concheiro e a outra acode ferida o hospital Fátima.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 137 da N-550, ao fío das 14:00 horas. Nese momento, o persoal do 061-Urxencias Sanitarias e os voluntarios de Protección Civil de Redondela contactaban co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Enseguida, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Porriño.

Comentarios