Dúas persoas, graves pola acumulación de mónoxido de carbono na súa vivenda

O suceso produciuse este venres nunha vivenda da rúa da Florida

Dúas persoas foron evacuadas inconscientes e en estado grave por mor dunha intoxicación por acumulación de monóxido de carbono no interior da súa vivenda en Monforte de Lemos.

Segundo informa o 112, o suceso produciuse ás 20.15 horas deste venres nunha casa da rúa da Florida. Ata alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, que se atopou aos dous ocupantes da vivenda inconscientes. Ambos foron evacuados inmediatamente ao centro hospitalario de referencia. 

A central de urxencias solicitou a intervención dos bombeiros de Monforte, que, tras unha inspección no interior da casa, comprobaron a que acumulación de gases produciuse pola mala combustión dunha cociña de carbón. Nestas tarefas colaboraron, ademais, os axentes da Policía Local.