O 112 contará cun servizo de videointerpretación

O obxectivo será facilitar a comunicación con emerxencias das persoas xordas, con dificultades auditivas ou sordocegas

Mar Pereira, directora de Amtega. EP
photo_camera Mar Pereira, directora de Amtega. EP

As persoas xordas, con dificultades auditivas ou xordocegas terán acceso, a través do sistema de videointerpretación, a todos os teléfonos de urxencia da Xunta de Galicia. 

Concretamente, están incluídos o 112, de urxencias en xeral; o teléfono 085, de incendios forestais; o teléfono da Muller (900.400.273); o teléfono Social (900.333.666); o do Voluntariado (900.400.800); o da Infancia (116.111); o de Saúde en liña (900.077.333); e o 065, de apoio á mobilidade persoal. 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinaron este luns un convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), "co fin de facilitar a relación das persoas con dificultades auditivas coa Administración pública galega", precisou a Xunta nun comunicado. 

Ademais, este convenio permitirá a posta en marcha dunha aplicación móbil para o sistema de videointerpretación, o que supón, destaca o Goberno autonómico, "un importante avance en accesibilidade". 

Ata agora, este sistema só estaba dispoñible "de forma presencial a través de terminais situados en distintas oficinas públicas e en liña", para o que era necesario a utilización dun computador ou webcam. 

Comentarios