Pipper, o can 'influencer', coñece Galicia

O animal visitou Santiago de Compostela, A Coruña e diferentes puntos do litoral galaico

Pipper en Santiago. AEP
photo_camera Pipper en Santiago. AEP

Pipper, o can influencer visitou Galicia, tal e como testemuña un vídeo subido á súa conta de Youtube que xa acumula máis de 1.700 visitas.

Este espécime de Jack Russell Terrier, especializado en viaxes con mascotas, plantou as súas catro patas en Santiago de Compostela para coñecer o casco antigo da cidade e pasearse pola Praza do Obradoiro, conseguir a Compostelá, gozar da hostalería ou descubrir os recunchos do seu rueiro.

Pero este curioso can, non se quixo quedar só coa primeira impresión da capital da nosa rexión e quixo. Ingar. Pipper chegou en Feve a unha estación da Mariña lucense para visitar a famosa Praia das Catedrais. No entanto, non puido baixar ao areal, dado que esta prohibida a entrada para membros da súa especie, aínda que polo menos non tivo que facer reserva, como se lles require aos turistas humanos. Si gozou como un máis das vistas que ofrece este monumento natural desde os puntos elevados que o rodean. Tamén comprobou que o verán non sempre acompaña ao veraneante no litoral lugués, dado que, en Ribadeo, colleuno a choiva.

Outra parada deste sabueso viaxeiro foi á Coruña para coñecer a Torre de Hércules, visitou a Costa da Morte e correu polo Castro de Santa Trega, na Guarda.

Comentarios