A Policía do Porriño recupera un vehículo roubado hai nove meses

Esta actuación forma parte dun plan de prevención e seguridade posto en marcha desde a Concellaría de Seguridade,

A Policía Local do Porriño recuperou un vehículo que figuraba como roubado nos ficheiros dos Corpos de Seguridade, e iniciou as xestións para devolver o coche ao seu propietario. 

Segundo informaron fontes municipais, o coche foi localizado no centro urbano do Porriño o pasado martes, e fora roubado na cidade de Vigo, en novembro de 2017. Tras realizar unha inspección para intentar identificar ao autor ou autores do roubo, o coche será devolto ao seu dono. 

Esta actuación forma parte dun plan de prevención e seguridade posto en marcha desde a Concellaría de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, e que ten como finalidade a prevención e a persecución de delitos contra o patrimonio das persoas. 

Así mesmo, a Policía Local ha feito un chamamento aos veciños para que, ante calquera incidencia, chamen ao teléfono 620404040, que "é inmediato, e sen intermediarios". 

Comentarios