Pasan a disposición xudicial en Cangas os detidos por narcotráfico

Os dez arrestados forman parte dun grupo dedicado a fornecer a heroína a vendedores. Houbo rexistros en Pontevedra, Ourense e Madrid
Pasan a disposición judicial en Cangas los detenidos por tráfico de drogas
photo_camera Pasan a disposición judicial en Cangas los detenidos por tráfico de drogas

Parte dos dez detidos nunha operación contra o narcotráfico empezaron a desfilar este xoves pola tarde polo xulgado de instrución número 3 de Cangas, que dirixe a investigación.

A Garda Civil detivo a polo menos dez persoas no marco da operación na que se produciron varios rexistros en Vigo, Ourense e Madrid.

Segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na operación levada a cabo por grupo ECO-Galicia da Garda Civil, e que aínda continúa aberta, comisouse "máis dun quilo de heroína, material de corte, 22.000 euros en efectivo e varios vehículos".

Os detidos, polo menos dez -segundo apuntaron fontes xudiciais- están acusados de supostos delitos de pertenza a organización criminal e contra a saúde pública.

Ademais, o delegado do Goberno, que confirmou nove detencións, sinalou que estes arrestados -cinco españois e catro estranxeiros- pertencían a un grupo que se dedicada ao "tráfico intermedio de droga", xa que despois fornecían a mercancía a vendedores que á súa vez a puñan no mercado.

Os rexistros realizáronse de forma simultánea en distintos puntos de España, concretamente na provincia de Pontevedra, na de Ourense e en Madrid.

"ROMPE A CADEA". Villanueva felicitou á Garda Civil polo seu labor nesta operación antidroga. "Calquera operación na que se incauta material e rompe a cadea de transmisión en materia de droga é un éxito para todos, e supón que esa droga non vai chegar á rúa", sostivo.

"Pero ademais desmantélase un grupo que fornecía a outras persoas e que o puñan na rúa", concluíu o delegado do Goberno en Galicia.

Comentarios