Ourense e Pontevedra seguirán este martes en alerta por calor, con máximas de 38 graos

As temperaturas empezarán a descender pola tarde

Niños refrescándose en una fuente de Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Nenos refrescándose nunha fonte de Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

O risco por altas temperaturas afectará este martes 21 de agosto ás provincias de Pontevedra e Ourense, con máximas de 38 graos centígrados, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

Logo dun luns de calor intensa, con mínimas que non baixaron dos 20 graos en Pontevedra, espérase que as temperaturas alcancen o seu pico máximo este martes e, xa pola tarde, empecen a descender. Pola súa banda, as mínimas serán máis baixas a partir do xoves.

Esta situación meteorolóxica está marcada polas altas presións localizadas ao norte da península Ibérica, que provocan que o ceo quede completamente despexado polas tardes. Ademais, desde o domingo, este anticiclón trouxo aire cálido procedente do sur da península. 

RECOMENDACIÓNS. A Consellería de Sanidade recomenda recomenda ante esta situación beber máis líquido do habitual, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos, así como evitar inxerir bebidas alcohólicas, café, té e as máis azucaradas. 

Así mesmo, suxire evitar realizar actividade física e ir á praia, durante as horas de máxima calor —mediodía e primeiras horas da tarde—. Sobre as cremas de protección, recomenda usar as de maior protección e nunca inferior a 15. 

Comentarios