Povisa chama á calma a pacientes e traballadores tras reunirse con Sanidade

O encontro estaba convocado para buscar "vías que resolvan a complexa situación financeira" do hospital, despois de que o venres solicitasen os seus directivos o preconcurso de acredores

Entrada do Hospital Povisa. DP
photo_camera Entrada do Hospital Povisa. DP

A dirección do hospital privado de Vigo Povisa lanzou este luns un chamamento á "tranquilidade" aos seus pacientes e traballadores tras celebrar os seus directivos unha reunión con responsables da Consellería de Sanidade e do Sergas, o órgano da Xunta que xestiona os hospitais e centros médicos públicos de Galicia.

Nun comunicado, Povisa indica que a reunión estaba convocada para buscar "vías que resolvan a complexa situación financeira" do hospital, despois de que o pasado venres solicitasen os seus directivos o proceso de preconcurso de acredores.

Esa situación está derivada, segundo a dirección de Povisa, polas perdas xeradas derivadas do concerto público-privado alcanzado co Sergas en 2014, no que se comprometía a atender a unha poboación de 137.000 pacientes.

Na reunión deste luns, ambas as partes comprometéronse en seguir "traballando" en busca dunha "solución satisfactoria", segundo Povisa, que lanza un chamamento " tranquilidade" a pacientes e traballadores, pois "a atención seguirá tendo o mesmo nivel" que ata agora, esgrime.

Povisa confía en que as negociacións deriven nunha solución que "despexe o futuro do hospital e, por extensión, o dos seus 1.500 traballadores".

Comentarios