a:2:{s:2:"es";s:115:"El profesor de la USC se reafirma en su apoyo a La Manada: "A mí no me da un tirón de orejas nadie. Tengo razón"";s:2:"gl";s:119:"O profesor da USC reafírmase no seu apoio a La Manada: "A min non me dá un tirón de orellas ningu�

Luciano Méndez Naya colga un novo vídeo nas súas redes no que insiste en que a vítima "buscaba marcha"

 

 

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luciano Méndez Naya, que saltou á palestra por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoiaba a La Manada e criticaba á vítima, reafirmouse nun novo documento nas súas declaracións anteriores: "A min non me dá un tirón de orellas ninguén. Eu teño a razón". 

Nun novo vídeo colgado en redes sociais, Méndez Naya fai referencia ao expediente informativo aberto pola USC e que a institución remitiu a Fiscalía para pescudar se das súas declaracións poden derivarse actuacións penais. No entanto, non se impuxo ao docente ningunha sanción, xa que as consideracións foron feitas nun marco privado. "Non tomamos medidas porque non se pode, pero coidado, porque agora pómoslle dous vixiantes, a directora de departamento e a decana e ímolo a marcar de cerca", narra o docente no vídeo entre risas. 

No seu discurso, Luciano Méndez carga ademais contra a instrutora do seu expediente e contra os "descerebrados" que o critican, alegando que "a razón non vai pola cantidade de descerebrados que digan unha cousa".

"NÉGOME A CHAMALA VÍTIMA". Do mesmo xeito, volve reafirmar o seu apoio a La Manada e carga contra a vítima. "Négome a chamala vítima", di no vídeo, no que asegura que non ten "nada de machista" nin vai "contra a dignidade das mulleres". "Eu teño empatía con todas esas mulleres que foron violadas e son violadas a diario", dixo o docente, para quen esas mulleres teñen que comparar a súa situación coa desta "tipa, que ía buscando marcha, e resulta que agora ten a toda esa masa defendendo as súas posturas". 

"A lóxica dinos que o que pasou foi unha relación consentida", asegura Luciano Méndez, que considera que detrás da polémica está o feito de que "a sociedade española non pode aceptar que unha moza de 18 anos, para buscar emocións fortes, decida deitarse con cinco tipos". "A min tamén me parece excesivo, pero é o que hai, non é unha práctica tan estraña", finaliza. 
 

Comentarios