O PSOE tamén gaña en Galicia: 10 deputados fronte aos 9 do Partido Popular

En Común Podemos obtén dous, igual que Cidadáns â?? O BNG queda outra vez sen representación

Gonzalo Caballero, antes da súa intervención ante o comité nacional do partido, en Santiago de Compostela. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Gonzalo Caballero. LAVANDEIRA JR. (EFE)

Co 90,3% dos votos escrutados nas catro provincias galegas, o PSdeG arrebata ao PP a condición de forza máis votada en Galicia, ao obter dez deputados (catro máis que en 2016), fronte ás nove actas que logran os populares, que perden tres. 

Pola súa banda, En Común-Unidas Podemos, opción apoiada por Podemos e Esquerda Unida (a federación galega de EU), así como por Equo, retén dous deputados. En Marea, que nesta ocasión presentouse en solitario, non consegue praza no Congreso, fronte aos cinco deputados que lograran estas forzas cando concorreron de forma conxunta nos comicios de 2016. 

Os outros dous deputados que se elixen por Galicia lógraos CIudadanos, que en 2016 non conseguira representación, aínda que si lograra unha acta nas eleccións de decembro de 2015.

Con estes resultados, o BNG non volvería ao Congreso, onde perdeu a súa representación en decembro de 2015, a pesar de case duplicar votos. Vox é a sexta forza cun 5% dos votos.
 

Comentarios