Rajoy lémbrase de "Sangenjo" na súa despedida

Mariano Rajoy, na súa despedida. BALLESTEROS

Acordouse dos seus inicios "pegando carteis" no municipio pontevedrés, ao que se referiu polo seu topónimo en castelán, desatando as críticas nas redes sociais

Mariano Rajoy, no discurso no que este martes anunciou que deixaba a presidencia do PP, acordouse dos seus inicios na política, hai uns 40 anos, cando, segundo relatou, pegaba carteis "nun pequeno pobo de Pontevedra: Sangenjo". 

A utilización do topónimo en castelán –en galego e oficialmente Sanxenxo– desatou, de inmediato, moitos comentarios nas redes sociais, a maioría críticos pero tamén o dalgún usuario que o defendía.