Rescatados 2 mozos en Oleiros cuxa piragua foi arrastrada pola corrente

Ao lugar desprazouse o helicóptero Pesca I, de Salvamento Marítimo, así como unha lancha rápida Salvamar

Ambulancia. EP
photo_camera Ambulancia. EP

Dous mozos foron rescatados esta tarde tras ser arrastrada a piragua que manexaban pola corrente, cerca e a praia das Margaridas

Segundo indica o servizo de urxencias 112, o suceso ocorreu pouco antes das 17 horas desta tarde, cando unha persoa alertou de que o seu fillo saíra en piragua coa súa noiva e non conseguía ver a ningún dos dous. 

Ao lugar desprazouse o helicóptero Pesca I, de strong <>Salvamento Marítimo, así como unha lancha rápida Salvamar. 

A moza, en cambio, foi rescatada pola embarcación de Salvamento Marítimo

Tamén foron solicitados os servizos de Gardacostas de Galicia, urxencias médicas, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil da localidade.

O mozo puido chegar polos seus propios medios á beira, onde confirmou que ao verse arrastrados pola corrente abandonaron a piragua para intentar chegar á praia a nado. 

A moza, en cambio, foi rescatada pola embarcación de Salvamento Marítimo e trasladada ao peirao de Oza.

Comentarios