Retiradas 24 toneladas de amianto na zona da explosión en Paramos

Esta intervención comezou o venres pasado despois de que o xuíz que instrúe a investigación decidise levantar o precinto da zona cero

Un instante da manifestación das persoas afectadas pola explosión de Paramos. EN MAREA
photo_camera Un instante da manifestación das persoas afectadas pola explosión de Paramos, este domingo. EN MAREA

A empresa contratada polo Concello de Tui para a retirada de amianto na zona da explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico na parroquia de Paramos xa recolleu 24 toneladas de uralita e outros materiais contaminantes, que mantén en sacos e encapsulados.

Esta intervención comezou o venres pasado despois de que o xuíz que instrúe a investigación decidise levantar o precinto da zona cero da explosión, que se produciu o 23 de maio.

Ademais da retirada de amianto está a procederse á de cascallos das cubertas derruidas que caeron sobre forxados e á demolición das estruturas que presenten risco de esborralle, informa o Concello de Tui nun comunicado.

Comentarios