Unha das fillas de Laureano Oubiña sufriu un roubo na súa casa de Cambados este fin de semana. Os ladróns levaron entre 120.000 e 150.000 euros da vivenda, entre diñeiro en metálico e xoias.
No momento do asalto non se atopaba ninguén na casa, o que leva a pensar que os cacos realizaran unha concienzuda labor de espionaxe e eran profesionais.
Ningún veciño da zona decatouse do suceso, que agora está en mans da Garda Civil de Cambados.