Ryanair programa unha nova ruta entre Vigo e Londres

Os tripulantes de cabina convocan paros nas primeiras semanas de xaneiro

Un avión de Ryanair. EFE.
photo_camera Un avión de Ryanair. EFE.

Ryanair anunciou este venres unha nova ruta que conectará Vigo e Londres Stansted con dous voos semanais a partir do próximo mes de abril.

Unha ruta que forma parte da súa programación de voos para a tempada de verán de 2019 en España, segundo informou a aerolínea irlandesa.

FOLGA DOS TRIPULANTES DE CABINA. Os sindicatos USO e Sitcpla anunciaron que convocarán aos tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) de Ryanair a secundar folgas nas primeiras semanas de xaneiro.

Os sindicatos afirman que a aerolínea irlandesa volveu "burlar" á representación legal dos traballadores e ás institucións laborais españolas e dan por esgotado o prazo que deron a Ryanair para "rectificar sobre o seu comportamento absurdo e infantil" e aterse á normativa vixente en España. 

Engaden que a compañía de baixo custo non quixo subscribir o documento preacordado entre ambas as partes na Dirección Xeral de Traballo.

De non alcanzar un acordo nos próximos días, USO e Sitcpla comunicarán seguidamente as datas e cantas xornadas de folga convocarán para o colectivo de TCP, que aseguran que "nunca" serán menos de tres. 

Os TCP de Ryanair secundaron o pasado 28 de setembro a última das xornadas de folga de 24 horas, que os sindicatos cualificaron como a maior da historia na compañía de baixo custo irlandesa xa que levou a cabo simultaneamente en seis países europeos. 

Comentarios