domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Santiago alberga as catro titulacións galegas cunha nota de corte superior a 13

Exame ABAU.
Exame ABAU.
A titulación cunha cualificación máis esixente é o dobre grao de Matemáticas e Física, cun 13,691

As catro carreiras universitarias que en Galicia esixen a nota de corte máis alta para acceder no primeiro prazo de matrícula están na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e son: o dobre grao de Matemáticas e Física (13,691), o dobre grao de Enxeñaría Informática e Matemáticas (13,479), o dobre grao de Química e Física (13,125), así como Medicina (13,031). 

Segundo informa este martes a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), o primeiro prazo de matrícula en titulacións con límite de prazas nas universidades galegas abre este mércores, 12 de agosto (ás 00,01 horas), até as 23,59 horas do xoves, 13 de agosto. Deberán facerse de forma online. 
A maior nota de corte aumenta respecto ao ano pasado, xa que o dobre grao de Matemáticas e Física estaba en 2019 en 13,552.

A estas catro carreiras con nota de corte superior ao 13 no campus compostelán da USC séguenlles até un total de 15 carreiras que esixen máis dun 12 de nota de corte. 

En concreto, estas 15 carreiras son: Enxeñaría Aeroespacial (UVigo, Campus de Ourense); Enxeñaría Biomédica (UVigo); dobre grao de Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría en Electrónica, Industrial e Automática (UVigo); Enxeñaría Biomédica e Enxeñería Mecánica (UVigo); Enfermaría (USC); Física (USC); Matemáticas (USC); Odontoloxía (USC); Biotecnoloxía (USC); dobre grao de Comunicación Audiovisual e Xornalismo (USC); dobre grao de Química e Bioloxía (USC); dobre grao de Farmacia e Óptica e Optometría (USC); dobre grao de Mestre en Educación Infantil e Mestre en Educación Primaria (USC); Bioquímica (USC, Campus de Lugo); Enfermaría (UDC). 

Fóronlles asignadas prazas en carreiras universitarias, aclara a CiUG, a alumnos que se presentaron ás probas de Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU), a titulados de Formación Profesional, estudantes maiores de 25 anos, estranxeiros de países non membros da Unión Europea, deportistas de alto nivel e estudantes con discapacidade preinscritos en xullo. 

Santiago alberga as catro titulacións galegas cunha nota de corte...
comentarios