Santiago e Ourense encabezan o aumento de positivos en Galicia

 Aumentan a 252 os pacientes hospitalizados, 40 deles en Uci
 
Labores de desinfección en Ourense. BRAIS LORENZO
photo_camera Labores de desinfección en Ourense. BRAIS LORENZO

O semáforo da incidencia por concellos que facilita o Sergas recolle este martes un municipio máis en alerta máxima: Tomiño, que presenta máis de 21 casos nos últimos sete días.

Continúan en nivel 3, o máis elevado, Arteixo, Santiago e Ames na Coruña; Ourense, Barbadás, Pereiro de Aguiar, O Carballiño, O Barco, Monterrei e VerínVigo segue no nivel laranxa que se declarou este luns na cidade olívica.

GALICIA. A comunidade rexistrou outros 238 casos de covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 95 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e 34 na de Santiago e Barbanza. Os casos activos en Galicia soben a 4.514, o que supón 40 máis que os contabilizados este luns.

Así se reflicte na web da Consellería de Sanidade actualizados na mañá deste martes con datos recollidos ata as 18,00 horas do luns, dos que se constata que ata a data curáronse 22.123 pacientes, o que supón 199 que os contabilizados o día anterior.

Os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas sitúanse en 95 na de Ourense; 40 na de Vigo; 34 na de Santiago e Barbanza; 26 na de Lugo; 24 na de Pontevedra e O Salnés; 14 na da Coruña e Cee; e seis en Ferrol

Os casos activos crecen en catro arias sanitarias, pero especialmente en Ourense e Vigo

Segundo os datos publicados polo Sergas, os casos activos de Covid soben na comunidade galega con respecto ao luns nas áreas sanitarias de Ourense ata os 1.567 (+55); Vigo, que ten 496 (+29 máis); Lugo, que conta con 477 (17 máis); e Santiago, que se sitúa en 621 (+3).

Mentres, os casos activos descenden nas áreas da Coruña ata os 745 (-21); Pontevedra e O Salnés, que conta con 469 (-42) e na de Ferrol que baixa nun ata os 136.

As persoas con Covid-19 falecidas en Galicia sitúanse en 790, tras notificarse este martes catro mortes de usuarios de residencias de Ourense.. Ata a data realizouse en Galicia 556.927 PCR con respecto ás 553.544 contabilizadas ata este luns.

Os pacientes con covid ingresados en Galicia aumentaron a 252, o que supón 15 máis que os deste luns, deles 40 en Unidade de Coidados Intensivos (Uci) –un máis que fai 24 horas– e 212 noutras unidades de hospitalización. 

Comentarios