Unha lucense denuncia que tivo que pagar 3.000 euros aos seus inquilinos para poder recuperar un piso

Calcula que a estafa ocasionoulle uns "7.000 euros de pérdidas".  Advirte que se sentiu "totalmente abandonada" polas administracións 

A sindicalista de CIG Carmen Aira denunciou que tivo que abonar 3.000 euros aos inquilinos aos que alugara unha vivenda en Lugo para poder recuperala. 

Segundo relata, todo comezou a finais de outubro, cando unha muller de nacionalidade romanesa contactou coa lucense para arrendar o piso, no barrio da Cheda da capital lucense. 

A propietaria asegura que en decembro, cando xa levaban dous meses vivindo no domicilio, non lle pagaron as cotas correspondentes, polo que comezou a sospeitar. A isto engade que "fixeron un consumo esaxerado de calefacción, de máis de 400 euros mensuais". 

Nun primeiro momento, Carmen Aira arrendara o piso a unha muller pero, despois, chegaron a vivir nel varias familias con nenos

"Tiñan as fiestras abertas de par en par", remarcou, antes de incidir en que imaxina que irían "descalzos e en camiseta de tirantes polo piso", algo que o atribúe a unha estratexia de chantaxe "para que lles pagase por que se fosen e non seguisen facendo ese tipo de gasto". 

Aira calcula que esta estafa ocasionoulle sobre "7.000 euros de perdas", entre falta de pagamentos, recibos, custos de avogados, notarios e outras cuestións. 

Aira decidiu facer público o seu caso para alertar os veciños e evitar que os inquilinos estafan a máis xente

A afectada recalca que "fai pública a súa historia co fin de que os veciños de Lugo estean avisados", porque coñece "algún caso máis, no que o propietario tivo que abonar un importe, polo que se sospeita que pode tratarse dos mesmos individuos". 

"Parece que estas cousas non van pasar en Lugo, porque non estamos afeitos a isto, pero hai más casos. Hai que darse conta de que na cidade xa entraron os problemas doutras grandes urbes", manifestou.

Nun primeiro momento, Carmen Aira arrendara o piso, co contrato e fianza correspondentes a unha muller, pero esgrimiu que, despois, chegaron a vivir nel varias familias con nenos. 

En todo o proceso, a lucense manifestou que se sentiu "totalmente abandonada" por parte das administracións

"Se decidín alugarlle o piso foi porque seguindo a miña ideoloxía e o traballo sindical que desenvolvo, non debería participar en condutas prexuizosas e xenófobas. En base a iso decidín darlles a oportunidade, pero perdín eu as miñas", explica. 

Con todo, a sindicalista concretou que, aínda que o piso quedou en bastantes boas condicións, está deteriorado, con danos "inexplicables" como surcos na mesa de mármore da cociña e no chan da vivenda, polo que sospeita que os menores andaban cos patinetes pola casa.

Os inquilinos causaron danos "inexplicables" no piso como surcos na mesa de mármore da cociña e no chan, polo que sospeita que os menores andaban con patinetes pola casa

Neste momento, ten inquilinos na vivenda para evitar que se sucedan máis problemas deste tipo e que a casa poida ser ocupada ilegalmente. 

En todo o proceso, a lucense manifestou que se sentiu "totalmente abandonada" por parte das administracións.