Seis detidos por roubos con forza en numerosos domicilios da Coruña

Cinco homes e unha muller, pertencentes a dous grupos, foron postos a disposición xudicial

A Policía Nacional detivo a seis persoas pola súa presunta participación en numerosos roubos con forza en domicilios da Coruña. As primeiras detencións corresponden a un grupo que supostamente está implicado en ata seis roubos, formado por dous homes e unha muller, todos españois, de 36, 41 e 45 anos que contaban con numerosas detencións anteriores e foron postos a disposición xudicial.

Os feitos foron denunciados o 19 de xuño cando un particular alertou de que estas tres persoas intentaban acceder unha vivenda na avenida de Finisterre. Estableceuse un dispositivo de procura polas inmediacións, localizando a dous homes e unha muller que respondían as características físicas facilitadas momentos antes e que portaban unha pata de cabra, un cincel, un desaparafusador plano, unhas luvas e un par de calcetíns escondidos.

Na vivenda dun deles atopáronse varios teléfonos móbiles, cámaras fotográficas, reloxos de pulseira, unha caixa de caudais e multitude de ferramentas. Os investigadores presumen que os detidos poden estar implicados noutros cinco roubos das mesmas características perpetrados este ano.

A segunda intervención acabou con tres homes detidos, de nacionalidade romanesa, de 21, 25 e 44 anos, todos con antecedentes e residentes na cidade, aínda que un cuarto integrante non foi localizado.

O 1 de xullo denunciouse a entrada nunha vivenda a través da terraza e, momentos máis tarde, os axentes da Policía Nacional interceptaron a dous deles, mentres que outros dous fuxiron mentres arroxaban un pendente e un colar a unha papeleira. Os policías alcanzar a un dos que fuxía e os tres localizados foron detidos tras achar entre as súas pertenzas un obxecto substraído da vivenda á que accederan, informa a Xefatura Superior de Policía a través dun comunicado.

Comentarios