A semana comeza en Galicia cun aumento da inestabilidade

As temperaturas suavízanse este luns

As temperaturas suavizaranse durante este luns na Comunidade galega, nun día no que crecerá a inestabilidade, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

O luns persiste o aire frío en altura moi preto de Galicia, polo que será unha xornada de moita inestabilidade atmosférica, con ventos de compoñente oeste que achegarán humidade á franxa costeira e suavizarán as temperaturas.

Así, os ceos alternarán nubes e claros, con néboas na costa e nubes de tormenta no interior que deixarán chuvascos á tarde. As temperaturas descenderán, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Temperaturas mínimas e máximas previstas:
A Coruña 17°-24°
Ferrol 17°-25°
Lugo 16°-32°
Ourense 19°-34°
Pontevedra 17°-24°
Santiago 17°-28°
Vigo 17°-24°

Comentarios