Setembro empeza con alerta amarela por calor en Pontevedra e Ourense

A situación cambiará a partir do luns, cun notable descenso das temperaturas e choivas

Calor, playa, buen tiempo, sol. ANDY RAIN (EFE)
photo_camera O sol lucirá en toda Galicia ata a tarde do domingo. ANDY RAIN (EFE)

Gran parte das provincias de Pontevedra —todo o litoral e sur— e Ourense —zona de Valdeorras e ribeira do Miño— estarán en alerta amarela este fin de semana por temperaturas máximas superiores aos 34 e 36 graos, respectivamente. O aviso activarase entre as 15.00 e as 21.00 horas do sábado e manterase na mesma franxa horaria o domingo.

Ademais destas provincias, o sábado os mercurios roldarán os 30 graos en de máxima na Coruña, Ferrol e Lugo e superaranos en Santiago de Compostela, onde se poden alcanzar os 32 graos.

sábado

A noite tamén será cálida, xa que, segundo a previsión de Meteogalicia, as mínimas poden oscilar entre os 16 graos de Lugo e os 21 de Vigo.

Xa o domingo, as altas presións continuarán dominando a situación meteorolóxica en Galicia durante a mañá, con ceos despexados e temperaturas máximas de novo elevadas para esta época do ano: 36 graos en Ourense, 34 en Pontevedra e Vigo, 33 en Santiago, 32 en Lugo e Ferrol e 28 na Coruña. 

Con todo, pola tarde, crecerán as nubes de evolución no interior da comunidade, con posibilidade de tormentas que pola noite poden deixar choivas na provincia de Ourense.

domingo

A inestabilidade marcará o inicio da semana, con ceos nubrados, choivas na zona este de Galicia e un notable descenso das temperaturas máximas. As mínimas, con todo, situaranse entre os 17 graos da Coruña e os 20 de Ourense e Vigo.
 

luns

Comentarios