Seguen abertas todas as hipóteses tras a caída dun mozo desde a ponte romana de Ourense

O suceso produciuse na madrugada do domingo cando o rapaz regresaba á súa casa

O delegado de Goberno, Santiago Villanueva, asegurou este martes que a policía mantén abertas "todas as posibilidades" ao redor das circunstancias que orixinaron a caída dun mozo ourensán da ponte romana cando regresaba á súa casa este fin de semana logo de saír de festa. 

Preguntado sobre se o mozo caeu por si só ou por se puido ser empuxado por algunha persoa, aclarou que unha vez que conclúa a investigación policial e se poida tomar declaración ao mozo poderanse determinar as causas da caída. 

O mozo, con iniciais O.P.C, de 20 anos resultou ferido na madrugada do domingo tras caer desde a ponte romana cando regresaba á súa casa. 

A causa do golpe foi trasladado ao CHUO e posteriormente ao hospital Juan Canalejo da Coruña para ser atendido.

Comentarios