sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

A superficie queimada polo incendio de Laraño elévase a 14 hectáreas

Incendio en Laraño. INCENDIOS ESPAÑA
Incendio en Laraño. INCENDIOS ESPAÑA
Nas tarefas de control traballan 12 brigadas, nove motobombas, cinco axentes e medios aéreos

A superifice calcinada polo incendio que permanece activo desde a madrugada do mércores na parroquia de Laraño, en Santiago de Compostela, se elva xa a 14 hectáreas, segundo a última estimación achegada pola Consellería do Medio Rural. 

O lume iniciouse ao fío das 05.35 horas deste mércores, polo que os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que sexa provocado. 

Segundo as primeiras estimacións, as chamas afectan xa a 14 hectáreas nunha zona próxima a casas, aínda que a dirección do vento contribuíu a que non se visen afectadas. 

Nas tarefas de control traballan 12 brigadas, nove motobombas, cinco axentes e medios aéreos. 

Trátase do segundo incendio na zona suroeste da capital galega na última semana despois do rexistrado o pasado venres na parroquia de San Paio, en Vidán; un lume "provocado", segundo sinalou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa o pasado luns, que recordou que xa se produciu outro lume nas últimas semanas na mesma área. 

A superficie queimada polo incendio de Laraño elévase a 14 hectáreas
comentarios