Suspendida dous meses a xuíza do tarot por conceder indultos a presos cando exercía en Lugo

María Jesús García, nunhas xornadas de penais de 2017. J. VÁZQUEZ
A comisión disciplinaria do Poder Xudicial entende que cometeu unha infracción grave ao asumir unha competencia que corresponde ao Consello de Ministros

A comisión disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial impuxo unha sanción de dous meses no exercicio das súas funcións a María Jesús Pérez García, a xuíza do tarot, por conceder indultos parciais a presos cando estaba no xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Lugo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informou da resolución adoptada tras a apertura de expediente á xuíza, que agora está á fronte do xulgado de violencia machista da Coruña. O órgano considera que cometeu unha falta grave ao asumir unha competencia, sobre internos de centros penais, que é exclusiva do Goberno a través do Consello de Ministros. 

A xuíza do tarot estivo destinada en Vixilancia Penal entre novembro de 2016 e xuño de 2019. Este xornal informou en exclusiva da apertura de expediente Pérez García por conceder indultos.