Antes da lectura do veredicto do crime de Tatiana Vázquez, e con decenas de persoas esperando para entrar á sala da Audiencia Provincial de Lugo, produciuse un momento de gran tensión cando se ouviu unha detonación procedente da habitación onde o acusado, Ibrahima Ndiaye, estaba a ser custodiado
Foi un disparo. A un dos axentes da Policía Nacional que o custodiaba disparóuselle a arma cando a manipulaba para retirar o cargador, antes de entrar na sala de vistas.
Non se produciu máis dano que un buraco na parede, pero o susto entre os presentes, incluídos os ao redor de dez policías que se atopaban no habitáculo, foi importante.