Que tempo fará en Semana Santa? En Galicia pinta ben a 'finde'

Consulta aquí a previsión dos próximos días

Turistas observan el cielo en Lugo. MARÍA MORADO
photo_camera Turistas observan o ceo en Lugo. MARÍA MORADO

A Semana Santa estará condicionada pola chegada desde este mesmo mércores pola tarde dun sistema frontal que afectará en Xoves Santo de xeito xeneralizado a toda a Península e Baleares, onde deixará choivas, tormentas e incluso granizadas, e que desde Venres Santo ata o Domingo de Resurrección centraranse na metade este peninsular. 

Que significa isto? Que Galicia será unha das comunidades nas que fará mellor tempo polo menos durante a fin de semana, con ceos despexados o sábado e as temperaturas máximas máis altas da Península, próximas aos 30 graos.
 

XOVES SANTO
Meteogalicia
Segundo a predición de Meteogalicia, será unha xornada inestable, con ceos parcialmente nubrados e chuvascos tormentosos, máis xeralizados durante a tarde. As temperaturas terán un lixeiro descenso.

 

VENRES SANTO
Venres
Aínda que haberá inestabilidade, as altas presións irán entrando progresivamente. Os ceos estarán moi nubrados pola mañá, especialmente no norte, onde se producirá choivas débiles. A partir do mediodía alternaranse nubes e claros.

 

FIN DE SEMANA
Sábado
O sábado Galicia quedará baixo a influencia anticlónica, con ceos despexados en case toda a comunidade, aínda que no terzo norte podería haber algunhas nubes de estancamento. As temperaturas ascenderán moderadamente e o vento será de nordés. Para o domingo non haberá moitos cambios, segundo Meteogalicia.

Comentarios