Traballadores dos PACs anuncian unha folga indefinida en toda Galicia

O comité de folga informa o inicio do paro "despois de múltiples intentos de diálogo" co Sergas ► Desde o departamento sanitario galego insisten en que "seguen abertos" a chegar a un acordo

Una manifestación de PACs en Pé de guerra. AEP
photo_camera Unha manifestación de PACs en Pé de guerra. AEP

O Comité de Folga da PAC (Punto de Atención Continuada) de toda Galicia informou nun comunicado do inicio dunha folga indefinida desde este luns.

A convocatoria leva a cabo "pola mellora asistencial e laboral", indícase na nota do sindicato CIG. "Logo de múltiples intentos de diálogo co Sergas e de dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración. O Comité de Folga non foi convocado durante este período para negociar unha saída ao conflito", indícase.

As peticións do colectivo seguen sendo os 11 puntos que nos uniron en toda a xeografía galega fai preto dun ano

A CIG sinala que "as peticións do colectivo seguen sendo os 11 puntos que nos uniron en toda a xeografía galega fai preto dun ano, con reivindicacións sobre todo asistencias e de equiparación de dereitos ao resto dos colectivos do Sergas".

Entre estas reivindicacións, o Comité de Folga cita a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermería-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que se desenvolve, ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas compútenos neutro a efectos de xornada".

Para os convocantes da folga, "o feito de que o Sergas non convoque ao Comité de Folga, que se nos exclúa das reunións e grupos de traballo de reestruturación en Atención Primaria, e que permitan que este conflito se estenda no tempo deixa en evidencia a falta de disposición ou capacidade para resolver os problemas cos traballadores da PAC".

SERGAS. Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que "segue aberto" a chegar a un acordo para solucionar a situación laboral dos traballadores dos PACs.

Nun comunicado, o Sergas lembra que "xa se realizaron diversas reunións para tratar as reivindicacións destes profesionais", e precisa que "en concreto se celebraron até tres mesas sectoriais".

O departamento sanitario galego destaca que "moitas das reivindicacións "solicitadas por este colectivo "xa foron aceptadas", e cita o pago de dobre dieta de manutención os domingos e festivos, a eliminación do indicador de derivación hospitalaria como obxectivos do servizo vinculados á produtividade, a uniformidade suficiente, equipos de protección individual, de alta visibilidade, conforme ás normas de prevención de riscos, ou a garantía de neutralidade de permisos e baixas laborais no que afecten á súa xornada complementaria. 

"En definitiva –di o departamento sanitario no seu escrito, o Servizo Galego de Saúde segue disposto a alcanzar un acordo, e continúa vixente a última proposta presentada pola Administración sanitaria". 

.

Comentarios