Tres persoas foron trasladas esta noite a un centro médico tras sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono no seu domicilio no Pino, segundo informou o servizo de urxencias 112.
O suceso produciuse sobre as 2:45 no lugar de Marquiño, na parroquia de Lardeiros. Tras recibir a alerta, o 112 Galicia informou aos bombeiros de Arzúa, que confirmaron que a presenza de monóxido de carbono debíase a un brasero.