O TSXG absolve a unha condenada por lesionar cun coitelo o seu marido na Coruña

A declaración que fixo inicialmente o esposo ante a policía foi considerada nula "porque non fora informado do seu dereito a non denunciar"

Sede del TSXG. ARCHIVO
photo_camera Sede do TSXG. GOOGLE MAPS

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha muller condenada a dez meses de prisión por lesionar ao seu marido cun coitelo de cociña durante unha discusión en xaneiro de 2017, xa que non estimou a declaración que a vítima fixera inicialmente ante a policía. Deste xeito, a Sala do Civil e o Penal TSXG estimou o recurso presentado pola defensa da condenada ante unha sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña o pasado mes de xullo.

A declaración que fixo inicialmente a vítima ante a policía foi considerada nula "porque non fora informada do seu dereito a non denunciar", de modo que só tivo en conta a súa declaración posterior, na que negou ser agredido pola súa esposa, e a da propia muller, quen tamén negou os feitos.

O informe médico que acompañaba á sentenza constatou a existencia dun corte de 2,5 centímetros no antebrazo da vítima, pero nin os axentes que acudiron inicialmente ao domicilio nin as declaracións dos implicados permitiron constatar que foi a condenada quen provocou dita ferida.

A muller fora declarada culpable dun delito de lesións cunha atenuante de embriaguez e un agravante de parentesco e reincidencia —outra sentenza por lesións á súa parella en 2016— fora condenada dez meses de prisión e ao pago de 658,57 ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) como indemnización polo custo da atención médica do seu marido.

A sentenza emitida inicialmente pola Audiencia Provincial, ademais de sinalar á muller como culpable do delito de lesións, absolvíaa dun delito de violencia habitual e doutro de detención ilegal, mentres que o seu compañeiro sentimental tamén foi absolto doutro delito de detención ilegal. Os feitos xulgados tiveron lugar o 3 de xaneiro de 2018, cando a muller e o seu compañeiro sentimental dirixíronse a casa do marido da primeira para que ela discutise co seu marido sobre o fin da súa relación, momento no que o compañeiro sentimental dela abandonou o lugar. 

Comentarios