Un accidente entre dous vehículos sáldase con tres feridos en Ortigueira

O sinistro produciuse na AC-862 á altura da parroquia de Loiba

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na mañá deste sábado a tres persoas que resultaron feridas nun accidente entre dous vehículos en Ortigueira, concretamente na AC-862 á altura da parroquia de Loiba. 

Un particular deu a voz de alerta ás 10.40 horas e o 112 Galicia avisou a Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén solicitaron a colaboración de efectivos do GES de Ortigueira e de persoal do servizo de mantenimeinto das estradas, polos restos que quedaron na vía tras o impacto.



Comentarios