Dáse á fuga tras atropelar a unha persoa ás seis da madrugada en Vimianzo

A Garda Civil investiga o suceso  ► A vítima está ferida grave

Unha persoa resultou ferida grave tras ser alcanzada por un vehículo no municipio coruñés de Vimianzo. O condutor deuse á fuga tras o incidente, segundo informa o 112.

Os servizos sanitarios alertaron do ocorrido sobre as 6.10 horas da madrugada deste domingo. Indicabarn que había unha persoa atropelada á altura do cruzamento en dirección a Camariñas. 

Segundo esta chamada, o peón presentaba lesións graves e aseguraban que o vehículo implicado no accidente continuara a marcha sen deterse. Por este motivo deuse aviso á Garda Civil de Tráfico, que investiga o suceso.