Un ferido nun accidente de tractor en Ribeira

Atopábase recollendo leña nun monte na zona de Deán Grande

Un home resultou ferido este sábado en Ribeira tras sufrir un accidente co tractor co que recollía leña no monte, na zona de Deán Grande.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, foi a súa muller a que alertou do accidente minutos antes das 10.00 horas, momento no que foron informados os servizos de Urxencias Médicas, a Policía Nacional, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil.

Os feitos ocorreron nunha parcela situada moi preto do Hospital do Barbanza, polo que uns familiares decidiron trasladar ao home polos seus propios medios a ese centro sanitario.

Comentarios